(Olympia, WA, USA — 30 de decembro de 2020) O equipo de desenvolvemento de Tux Paint compracese en anunciar a versión 0.9.25 de Tux Paint , a última publicación do popular e premiado programa de debuxo para nenos.
Realizouse unha importante mellora na Ferramenta de formas, que agora ofrece opcións para escoller se se debuxan as formas dende o centro ou dende un canto, facilitando o seu uso en calquera situación.
O teclado en pantalla, unha función de accesibilidade dispoñíbel cando se usan as ferramentas de texto e etiqueta, agora aparece máis grande en pantallas máis grandes; moi útil para os usuarios de dispositivos de entrada máis groseiros, como os sistemas de seguimento ocular.
A ferramenta de borrado engade novos tamaños de borrador máis pequenos e aplica trazos suaves e contiguos cando o punteiro se move rapidamente.
Finalmente, esta nova versión engade opcións para exportar debuxos soltos e animacións GIF, facilitando a compartición de imaxes, debuxos de cómic e diaporamas con outras persoas.
Tux Paint está dispoñíbel para descargas, de balde, dende o sitio web do proxecto: www.tuxpaint.org.
A versión 0.9.25 está dispoñíbel actualmente para Microsoft Windows, Apple macOS, Android, Red Hat Linux, Haiku, e como código fonte.
Para unha lista completa de cambios, consulte o rexistro de cambios de Tux Paint, o rexistro de cambios de Tux Paint Config., e o rexistro de cambios de Tux Paint Stamps.
Para obter máis información, visite www.tuxpaint.org. Se quere colaborar co proxeco Tux Paint, bótelle un ollo a: www.tuxpaint.org/help. Tamén pode seguir @TuxPaintTweets no Twitter, e unirse á páxina no Facebook de "TuxPaint".
###
North America
|
Avisos de Marcas rexistradas: Apple, and macOS son marcas rexistradas de of Apple Inc. Facebook é unha marca rexistrada de of Facebook, Inc. Android é unha marca rexistrada de of Google LLC. Haiku é unha marca rexistrada de of Haiku, Inc. Linux é unha marca rexistrada de of Linus Torvalds. Microsoft, and Windows son marcas rexistradas de of Microsoft Corp. Red Hat é unha marca rexistrada de of Red Hat, Inc. Twitter é unha marca rexistrada de of Twitter, Inc.
Nota de prensa redactada por: Bill Kendrick Traducida por: Miguel A. Bouzada
O URL desta nota de prensa é: http://www.tuxpaint.org/latest/tuxpaint-0.9.25-press-release-gl.php