(Olympia, WA, USA — 31 de maio de 2020) O equipo de desenvolvemento do Tux Paint compracese en anunciar a dispoñibilidade da versión 0.9.24 do Tux Paint, a última publicación do seu galardonado progama de debuxo, libre e de código aberto para cativos.
Tux Paint, está dispoñíbel para Windows, macOS, e Linux, e está traducido a perto de 130 idiomas, sendo un sendo un elemento fundamental nas escolas e fogares de todo o mundo durante os últimos 18 anos.
A última versión promoveu a ferramenta «Recheo», que antes se atopaba na sección «Maxia» do Tux Paint, á barra de ferramentas principal, onde é máis sinxelo atopala. Tamén inclúe algunhas melloras de rendemento durante o inicio e cando abre o diálogo de debuxo «Novo». As cores de fondo sólidas tamén se poden colocar ao final dese diálogo, permitindo a énfase das imaxes de modelo.
Agora no Tux Paint tamén é posíbel desactivar o son estéreo, o que pode axudar a usuarios con problemas auditivos ou en situacións nas que só haxa dispoñíbel un altofalante.
A nova versión do Tux Paint está dispoñíbel para a súa descarga, de balde, na páxina web do proxecto en www.tuxpaint.org.
A versión 0.9.24 está dispoñíbel actualmente para Apple macOS, Android, Microsoft Windows, RedHat Linux, e como código fonte.Para unha lista completa de cambios, consulte Tux Paint change log, Tux Paint Config. change log, e Tux Paint Stamps change log.
Para obter máis información, visite www.tuxpaint.org. Se quere colaborar co proxecto Tux Paint, bótelle un ollo a www.tuxpaint.org/help. Tamén pode seguir @TuxPaintTweets no Twitter e unirse á páxina do Tux Paint no Facebook.
###
Norte América
|
Europa
|
Marcas rexistradas: Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. Apple e macOS son marcas rexistradas de Apple Inc. Microsoft e Windows son marcas rexistradas de Microsoft Corp.
Nota de prensa por:
Bill Kendrick
Traducida por:
Miguel A. Bouzada
O URL desta nota de prensa é: http://www.tuxpaint.org/latest/tuxpaint-0.9.24-press-release-gl.php