Tux Paint
versión 0.9.34
Documentación PNG

Copyright © 2007-2022 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt.
https://tuxpaint.org/

4 de Xuño de 2022

Sobre os PNG

PNG é o formato de Gráficos de Rede Portátiles. É un estándar aberto, non lastrado polas patentes (como os GIF). É un formato moi comprimido (aínda que non é «con perda» como os JPEG: a perda permite que os ficheiros sexan moito máis pequenos, mais introduce «erros» na imaxe cando se gardan) e admite cores de 24 bits (16,7 millóns de cores), así como unha «canle alfa» completo, é dicir, cada píxel pode ter un grao de transparencia variábel.

Para obter máis información, visite:http://www.libpng.org/

Estas características (apertura, perda, compresión, transparencia/alfa) convérteno na mellor opción para Tux Paint. (A compatibilidade de Tux Paint co formato PNG procede da biblioteca de código aberto SDL_Image, que á súa vez a obtén da biblioteca libPNG.)

A compatibilidade con moitas cores permite utilizar imaxes de «selo de caucho» de calidade fotográfica en Tux Paint e a transparencia alfa permite pinceis de alta calidade.

Como facer imaxes PNG

A continuación amosarase unha lista moi breve de xeitos de crear PNG ou converter as imaxes existentes a PNG.

GIMP & Krita

GIMP e Krita son dúas excelentes ferramentas coas que crear imaxes PNG para usar en Tux Paint , ambos son programas de debuxo interactivo e edición de fotos de código aberto de alta calidade.

É probábel que un ou ambos xa estean instalados no seu sistema. Se non, deberían estar dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou para obter máis información, visite http://www.gimp.org/ e http://www.krita.org/ respectivamente.

Ferramentas da liña de ordes
NetPBM

As ferramentas de Mapas de bits Portátil –Portable Bitmap– (coñecidas colectivamente como «NetPBM») son unha colección de ferramentas de liña de ordes de código aberto que converten a e dende varios formatos, incluíndo GIF, TIFF, BMP, PNG e moitos máis.

É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou para saber máis, visite http://netpbm.sourceforge.net/.

cjpeg/djpeg

Os programas de liña de ordes «cjpeg» e «djpeg» converten entre o formato NetPBM Calquera mapa portátil –Portable Any Map– (PNM) e os JPEG. É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou para saber máis, visite https://jpegclub.org/.

Proprietary Software for Windows
Usuarios de Macintosh