Tux Paint versión 0.9.34 Documentación PNG Copyright © 2007-2022 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt. https://tuxpaint.org/ 4 de Xuño de 2022 Sobre os PNG PNG é o formato de Gráficos de Rede Portátiles. É un estándar aberto, non lastrado polas patentes (como os GIF). É un formato moi comprimido (aínda que non é «con perda» como os JPEG: a perda permite que os ficheiros sexan moito máis pequenos, mais introduce «erros» na imaxe cando se gardan) e admite cores de 24 bits (16,7 millóns de cores), así como unha «canle alfa» completo, é dicir, cada píxel pode ter un grao de transparencia variábel. Para obter máis información, visite:http://www.libpng.org/ Estas características (apertura, perda, compresión, transparencia/alfa) convérteno na mellor opción para Tux Paint. (A compatibilidade de Tux Paint co formato PNG procede da biblioteca de código aberto SDL_Image, que á súa vez a obtén da biblioteca libPNG.) A compatibilidade con moitas cores permite utilizar imaxes de «selo de caucho» de calidade fotográfica en Tux Paint e a transparencia alfa permite pinceis de alta calidade. ### Como facer imaxes PNG ### A continuación amosarase unha lista moi breve de xeitos de crear PNG ou converter as imaxes existentes a PNG. → GIMP & Krita ← GIMP e Krita son dúas excelentes ferramentas coas que crear imaxes PNG para usar en Tux Paint , ambos son programas de debuxo interactivo e edición de fotos de código aberto de alta calidade. É probábel que un ou ambos xa estean instalados no seu sistema. Se non, deberían estar dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou para obter máis información, visite http:// www.gimp.org/ e http://www.krita.org/ respectivamente. → Ferramentas da liña de ordes ← → NetPBM ← As ferramentas de Mapas de bits Portátil –Portable Bitmap– (coñecidas colectivamente como «NetPBM») son unha colección de ferramentas de liña de ordes de código aberto que converten a e dende varios formatos, incluíndo GIF, TIFF, BMP, PNG e moitos máis. É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou para saber máis, visite http://netpbm.sourceforge.net/. → cjpeg/djpeg ← Os programas de liña de ordes «cjpeg» e «djpeg» converten entre o formato NetPBM Calquera mapa portátil –Portable Any Map– (PNM) e os JPEG. É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou para saber máis, visite https://jpegclub.org/. → Proprietary Software for Windows ← o CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/ o Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html o Paint Shop Pro (Corel) — https://www.paintshoppro.com/ o Photoshop (Adobe) — http://www.adobe.com/products/photoshop.html o PIXresizer (Bluefive software) — http://bluefive.pair.com/ pixresizer.htm → Usuarios de Macintosh ← o CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/ o GraphicConverter (Lemke Software) — https://www.lemkesoft.de/ mac-fotobearbeitung-mac-diashow-mac-grafikprogramm-mac-bildbetrachter/ o Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html o Photoshop (Adobe) — http://www.adobe.com/products/photoshop.html