Tux Paint versión 0.9.34 Preguntas máis frecuentes Copyright © 2002-2024 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt. https://tuxpaint.org/ 17 de Xullo de 2024 +--------------------------------------------+ | Índice | |--------------------------------------------| | * Relacionado co debuxo | | * Problemas de interface | | * Impresión | | * Gardar | | * Problemas de son | | * Problemas no modo de pantalla completa | | * Other Problems | | * Axuda / Contacto | +--------------------------------------------+ ------------------------------------------------------------------------------- ### Relacionado co debuxo ### → Os tipos de letra que engadín a Tux Paint só amosan cadrados ← O tipo de letra TrueType que está a usar pode ter unha codificación incorrecta. Se está codificado «personalizado», por exemplo, pode tentar executalo a través de FontForge (http://fontforge.sourceforge.net/) para convertelo a un formato ISO-8859. (Envíanos un correo electrónico se precisas axuda con tipos de letra especiais.) → A ferramenta «Selo de caucho» está gris. ← Isto significa que Tux Paint non atopou ningunha imaxe de selo ou se lle pediu que non as cargase. Se instalou Tux Paint, pero non instalou a colección opcional separada de «Selos», saia de Tux Paint e instálea agora. Debe estar dispoñíbel no mesmo lugar no que obtivo o programa principal de Tux Paint. (Nota: A partir da versión 0.9.14, Tux Paint inclúe unha pequena colección de selos de exemplo.) Se non quere instalar a colección predeterminada de selos, pode crear os seu.s Vexa a documentación «Ampliar Tux Paint» para obter máis información sobre como crear ficheiros de imaxe PNG e SVG, ficheiros de descrición de texto TXT, ficheiros de son Ogg Vorbis, MP3 ou WAV e ficheiros de datos de texto DAT que compoñen os selos. Finalmente, se instalou selos e pensa que deberían cargarse, comprobe que a opción «nostamps» non está configurada. (Ben sexa mediante a opción «--nostamps» na liña de ordes de Tux Paint ou «nostamps=yes» no ficheiro de configuración.) Cambie ou elimine a opción «nostamps» ou pode anulala con «--stamps» na liña de ordes ou con «nostamps=no» ou »stamps=yes» nun ficheiro de configuración. → Os contornos do selo son sempre rectángulos ← Tux Paint foi compilado con contornos de selo de baixa calidade (pero máis rápidos). Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende o código fonte. Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga: #define LOW_QUALITY_STAMP_OUTLINE no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src». ------------------------------------------------------------------------------- ### Problemas de interface ### → As miniaturas dos selos no selector de selos vense mal ← Probabelmente Tux Paint foi compilado co código de miniaturas máis rápidoase de menor calidade activado. Executa a orde «tuxpaint --verbose-version» dende unha liña de ordes. Se, entre outras saídas, ves o texto: «Low Quality Thumbnails enabled», entón é isto o que está a suceder. Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende o código fonte. Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga: #define LOW_QUALITY_THUMBNAILS no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src». → As imaxes do diálogo «Abrir» vense mal ← Probabelmente estea activada a opción «Miniaturas de baixa calidade». Vexa: «As miniaturas dos selos no selector de selos vense mal», arriba. → Todo o texto está en maiúscula. ← Está activada a opción «maiúsculas». Cambie ou elimine a opción «uppercase» ou pode anulala con «--mixedcase» na liña de ordes ou con «uppercase=no» ou »mixedcase=yes» nun ficheiro de configuración. → Tux Paint está noutro idioma ← Asegúrese de que os seu axuste da configuración local sexa correcto. Vexa «Tux Paint non cambia ao meu idioma», a continuación. → Tux Paint non cambia ao meu idioma ← o Usuarios de Linux e Unix: asegúrese de que a configuración local está dispoñíbel Asegúrese de que a configuración local que quere está dispoñíbel. Comprobe o seu ficheiro «/etc/locale.gen». Vexa a «Documentación de opcións» para coñecer as configuracións locais que usa Tux Paint (especialmente cando se usa a opción «--lang»). Nota: os usuarios de Debian e derivados (p. ex.: Ubuntu) poden simplemente executar «dpkg-reconfigure locales» se se as configuracións locais son xestionadas por «dpkg». o Se está a empregar a opción de liña de ordes «--lang» Probe a usar a opción de liña de ordes «--locale» ou o axuste da configuración local do seu sistema operativo (p. ex.: a variábel de contorno «$LANG») e envíenos un correo-e con respecto ao seu problema. o Se está a empregar a opción de liña de ordes «--locale» Se isto non funciona, envíenos un correo-e con respecto ao seu problema. o Se está a empregar a configuración local do seu sistema operativo Se isto non funciona, envíenos un correo-e con respecto ao seu problema. o Asegúrese de ter o tipo de letra necesario Algunhas traducións requiren o seu propio tipo de letra. O chinés e o coreano, por exemplo, precisan que os tipos de letra TrueType chinés e coreano estean instalados e colocados no lugar adecuado, respectivamente. Os tipos de letra axeitados para estas configuracións locais pódense descargar dende o sitio web de Tux Paint: https://tuxpaint.org/download/fonts/ ------------------------------------------------------------------------------- ### Impresión ### → Tux Paint non imprime, produce un erro ou imprime lixo (Unix/Linux) ← Tux Paint imprime creando unha representación PostScript da imaxe e enviándoa a unha orde externa. De xeito predeterminado, esta orde é a ferramenta de impresión «lpr». Se ese programa non está dispoñíbel (por exemplo, está a usar CUPS, o Sistema Común de Impresión Unix e non ten instalado «cups-lpr»), terá que especificar unha orde apropiada usando a opción «printcommand» no ficheiro de configuración de Tux Paint. (Vexa a «Documentación de opcións».) Nota: As versións de Tux Paint anteriores ao 0.9.15 usaban unha orde predeterminada diferente para imprimir, «pngtopnm | pnmtops | lpr», como formato PNG de saída de Tux PaintNG, no canto de PostScript. Se xa cambiara a súa opción «printcommand» antes de Tux Paint 0.9.15, terá que volver atras e modificala para que acepte PostScript. → Recibo a mensaxe «Aínda non pode imprimir» cando vou imprimir ← A opción «atraso de impresión» está activada. Só pode imprimir unha vez cada X segundos. Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--printdelay=...». Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as propiedades da icona para ver se «--printdelay=...» aparece como un argumento da liña de ordes. Se non se está a enviar a opción «--printdelay=...» na liña de ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga: «printdelay=...». Retire esa liña, configure o valor de atraso en 0 (sen atraso) ou diminúa o atraso a o valor que prefira. (Vexa a «Documentación de opcións».) Ou, simplemente pode executar Tux Paint co argumento da liña de ordes: «--printdelay=0», que anulará o axuste do ficheiro de configuración e permitirá a impresión ilimitada. (Non terás aue agardar entre impresións). → Simplemente non podo imprimir. O botón está gris. ← A opción «non imprimir» está activada. Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--noprint». Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as propiedades da icona para ver se «--noprint» aparece como un argumento da liña de ordes. Se non se está a enviar a opción «--noprint» na liña de ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga: «noprint=yes». Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de ordes «--print», que anulará o axuste do ficheiro de configuración. Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Permitir a impresión» (baixo «Impresión») está marcado. ------------------------------------------------------------------------------- ### Gardar ### → Onde garda Tux Paint os meus debuxos? ← A non ser que lle solicite a Tux Paint que garde nun lugar específico (usando a opción «savedir»), Tux Paint garda nun lugar estándar na súa unidade local: → Windows Windows 7, Windows 8, Windows 10, Windows 11 ← In the user's "AppData" folder: e.g., "C:\Users\nome de usuario\AppData\Roaming\TuxPaint\saved\" → macOS ← In the user's "Application Support" folder: e.g., "/Users/nome de usuario/Library/Application Support/TuxPaint/saved/" → Linux / Unix ← In the user's "home directory" folder: e.g., "/home/nome de usuario/.tuxpaint/saved/" → Haiku ← In the user's "settings" folder: e.g., "/boot/home/config/settings/TuxPaint/saved/" As imaxes almacénanse como mapas de bits PNG, que a maioría dos programas modernos deberían poder cargar (editores de imaxes, procesadores de texto, navegadores web, etc.) → Tux Paint sempre garda sobre a miña imaxe antiga ← A opción «save over» está activada. (Isto desactiva a pregunta que aparecería ao premer en «Gardar»). Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--saveover». Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as propiedades da icona para ver se «--saveover» aparece como un argumento da liña de ordes. Se non se está a enviar a opción «--saveover» na liña de ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga: «saveover=yes». Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de ordes «--saveoverask», que anulará o axuste do ficheiro de configuración. Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Preguntar antes de sobrescribir» (baixo «Gardar») está marcado. Ademais, vexa «Tux Paint sempre garda unha nova imaxe», a continuación. → Tux Paint sempre garda unha nova imaxe. ← A opción «never save over» está activada. (Isto desactiva a pregunta que aparecería ao premer en «Gardar»). Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--saveovernew». Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as propiedades da icona para ver se «--saveovernew» aparece como un argumento da liña de ordes. Se non se está a enviar a opción «--saveovernew» na liña de ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga: «saveover=new». Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de ordes «--saveoverask», que anulará o axuste do ficheiro de configuración. Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Preguntar antes de sobrescribir» (baixo «Gardar») está marcado. Also, see "Tux Paint always saves over my old picture!", above. ------------------------------------------------------------------------------- ### Problemas de son ### → Non hai son. ← o Primeiro, comprobe o obvio: # Están conectados e acendidos os altofalantes? # Subiu o volume dos altofalantes? # Subiu o volume no «mesturador» do seu sistema operativo? # Estás seguro de que está a usar un computador con tarxeta de son? # Existe algún outro programa que use son? (É posíbel que estea «bloqueando» o acceso de Tux Paint ao seu dispositivo de son) # (Unix/Linux) Está a usar un sistema de son, como aRts, ESD ou GStreamer? Se é así, tente axustar a variábel de contorno «SDL_AUDIODRIVER« antes de executar Tux Paint (p. ex.: «export SDL_AUDIODRIVER=arts»). Ou execute Tux Paint a través do redireccionador do sistema (p. ex.: execute «artsdsp tuxpaint» ou «esddsp tuxpaint», no canto de simplemente «tuxpaint»). o Está desactivado o son en Tux Paint? Se o son parece funcionar doutro xeito (e está seguro de que ningún outro programa «bloquea» o dispositivo de son), é posíbel que Tux Paint estea a executarse coa opción «sen son». Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--nosound». Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as propiedades da icona para ver se «--nosound» aparece como un argumento da liña de ordes. Se non se está a enviar a opción «--nosound» na liña de ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga: «nosound=yes». Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de ordes «--sound», que anulará o axuste do ficheiro de configuración. Ou, simplemente pode executar Tux Paint co argumento da liña de ordes: «Activar os efectos de son», que anulará o axuste do ficheiro de configuración e permitirá a impresión ilimitada. (Non terás aue agardar entre impresións). o Desactiváronse os sons temporalmente? Mesmo se os sons están activados en Tux Paint, é posíbel desactivalos e reactivalos temporalmente usando a secuencia de teclas [Alt] + [S]. Probe a premer esas teclas para ver se os sons comezan a funcionar de novo. o Foi compilado Tux Paint sen compatibilidade con son? É posíbel que Tux Paint se compilase coa compatibilidade de son desactivada. Para comprobar se a compatibilidade de son estaba activada cando se compilou Tux Paint, execute Tux Paint dende unha liña de ordes, así: tuxpaint --verbose-version Se, entre outra información, ve «Son desactivado», entón a versión de Tux Paint que está a executar ten o son desactivado. Recompile Tux Paint e asegúrese de NON construír o obxectivo «nosound». (é dicir, non execute «make nosound») Asegúrese de que a biblioteca SDL_mixer e as súas cabeceiras de desenvolvemento están dispoñíbeis. → Tux Paint fai moito ruído. Podo apagalo? ← Si, hai varias formas de desactivar os sons en Tux Paint: o Prema [Alt] + [S] mentres está en Tux Paint para desactivar temporalmente os sons. (Prema de novo esa secuencia de teclas para volver activar os sons.) o Execute Tux Paint coa opción «sen son»: # Execute «tuxpaint --nosound» dende a liña de ordes, dende o atallo ou dende a icona do escritorio. # Edite o ficheiro de configuración de Tux Paint (consulte a «Documentación de opcións» para obter máis detalles) e engada unha liña que conteña «nosound=yes». # Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Activar os efectos de son» (baixo «Vídeo e son») non está marcado. # Como alternativa, recompile Tux Paint coa compatibilidade de son desactivada. (Vexa máis arriba e a documentación «Instalar». → A panorámica estéreo dos efectos de son é molesta; os efectos de son poden ser monofónicos? ← Execute Tux Paint coa opción «sen estéreo»: o Execute «tuxpaint --nostereo» dende a liña de ordes, dende o atallo ou dende a icona do escritorio. o Edite o ficheiro de configuración de Tux Paint (consulte a «Documentación de opcións» para obter máis detalles) e engada unha liña que conteña «nostereo=yes». o Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Activar os efectos estéreo» (baixo «Vídeo e son») non está marcado. → Os efectos de son soan estraños ← Isto podería ter que ver con como se inicializaron SDL e SDL_mixer. (O tamaño do búfer escollido.) Envíenos un correo-e con detalles sobre o seu sistema informático. (Sistema operativo e versión, tarxeta de son, que versión de Tux Paint está a executar (execute «tuxpaint --version» para verificar), etc.) ------------------------------------------------------------------------------- ### Problemas no modo de pantalla completa ### → Cando executo Tux Paint a pantalla completa e [Alt] + [Tab] está fóra, a xanela vólvese negra. ← Aparentemente é un erro na biblioteca SDL. Sentímolo. → Cando executo Tux Paint a pantalla completa, ten grandes bordos ao redor ← Usuarios de Linux: o seu servidor X-Window probabelmente non estea configurado coa capacidade de cambiar á resolución desexada: 800×600. (ou a resolución que teña configurada para Tux Paint para que funcione.) (Normalmente faise manualmente no servidor X-Window premendo [Control] + [Alt] + [Keypad Plus (+)] e [Control] + [Alt] + [Keypad Minus (-)].) Para que isto funcione, o monitor debe admitir esa resolución e cómpre que apareza na súa configuración do servidor X. Comprobe a subsección «Display» da sección «Screen» do seu ficheiro de configuración XFree86 ou X.org (normalmente «/etc/X11/XF86Config-4» ou «/ etc/X11/XF86Config», dependendo da versión de XFree86 que estea a usar; 3.x ou 4.x, respectivamente, ou «/etc/X11/xorg.conf» para X.org) Engada «800x600» (ou as resolucións que queira) á liña «Modes» apropiada. (por exemplo, na subsección «Display» que contén a profundidade de cor de 24 bits («Depth 24»), que é o que Tux Paint tenta usar.) Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x480" Teña en conta que algunhas distribucións de Linux teñen ferramentas que poden facer estes cambios. Os usuarios de Debian poden executar a orde «dpkg-reconfigure xserver-xfree86» como superusuario (root), por exemplo. → Tux Paint segue a funcionar en modo de pantalla completa e quéroo na xanela. ← A opción «pantalla completa» está estabelecida. Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--fullscreen=...». If you're running Tux Paint by double-clicking an icon, check the properties of the icon to see if "--fullscreen=yes" or "--fullscreen= native" is listed as a command-line argument. If "--fullscreen=yes" or "--fullscreen=native" options aren't being sent on the command line, check Tux Paint's configuration file for a line reading: "fullscreen=yes" or "fullscreen=native". Either remove that line, or simply run Tux Paint with the command-line argument: "--windowed" or "--fullscreen=no", which will override the configuration file's setting. Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Pantalla completa» (baixo «Vídeo e son») non está marcado. → How do I access other applications when Tux Paint is running in Full Screen? ← o Windows and Linux users, try the [Alt] + [Tab] key combination to switch between applications. o macOS users, switch to other applications using [Control] + [Left Arrow], then back to Tux Paint using [Control] + [Right Arrow]. ------------------------------------------------------------------------------- ### Other Problems ### → Tux Paint non funciona ← If Tux Paint aborts with the message: "You're already running a copy of Tux Paint!", this means it has been launched in the last 30 seconds. (On Unix/ Linux, this message would appear in a terminal console if you ran Tux Paint from a command-line. On Windows, this message would appear in a file named "stdout.txt" in the same folder where TuxPaint.exe resides (e.g., in "C:\Program Files\TuxPaint\"). A lockfile (e.g., "/home/nome de usuario/.tuxpaint/lockfile.dat" on Linux and Unix, "userdata\lockfile.dat" on Windows) is used to make sure Tux Paint isn't run too many times at once (e.g., due to a child impatiently clicking its icon more than once). Mesmo se o ficheiro de bloqueo existe, contén a «hora» na que se executou Tux Paint por última vez. Se pasaron máis de 30 segundos, Tux Paint debería funcionar ben e simplemente actualiza o ficheiro de bloqueo coa hora actual. Se varios usuarios comparten o directorio onde se almacena este ficheiro (por exemplo, nunha unidade de rede compartida), entón terá que desactivar esta función. Para desactivar o ficheiro de bloqueo, engada o argumento «--nolockfile» á liña de ordes de Tux Paint ou «nolockfile=yes» ao ficheiro de configuración. → Tux Paint launches very slowly ← The first time Tux Paint is launched (for a particular user), it may take a minute or more to respond. The font system used by Tux Paint (FontConfig, via Pango) is creating a 'cache' of information about the fonts on your system. Subsequent launches of Tux Paint should be fast. While the font cache is generated behind the scenes, Tux Paint should remain interactive (showing an animated 'please wait' animation) as this process runs. If this delay persists or reoccurs, it could be that the cache is being deleted — for example, in an environment (such as a school computer lab) where a system is returned into a default state when a user finishes using the program. Some versions of Tux Paint ship with a file, "fonts.conf" ( documented at freedesktop.org), which can be modified to have FontConfig store the file elsewhere, e.g.: C:\Documents and Settings\All Users\Application Data\ fontconfig\cache → Non podo saír de Tux Paint ← Está estabelecida a opción «non saír». Isto desactiva o botón «Saír» na barra de ferramentas de Tux Paint (marcándoo) e impide que se poida saír de Tux Paint a través da tecla [Escape]. Se Tux Paint non está en modo de pantalla completa, só ten que premer no botón de pechar a xanela na barra de título de Tux Paint. (é dicir, o «ⓧ» que adoita estar na parte superior dereita.) Se Tux Paint está en modo de pantalla completa, terá que empregar a secuencia [Maiúsculas] + [Control] + [Escape] no teclado para saír de Tux Paint. (Nota: con ou sen «non saír» estabelecido, sempre pode usar a combinación [Alt] + [F4] no teclado para saír de Tux Paint.) → Non quero que se active o modo «non saír». ← Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--noquit». Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona, comprobe as propiedades da icona para ver se «--noquit» aparece como un argumento da liña de ordes. Se non se está a enviar a opción «--noquit» na liña de ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai unha liña que diga: «noquit=yes». Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da liña de ordes «--quit», que anulará o axuste do ficheiro de configuración. Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Desactiva o botón de saída e a tecla [Escape]» (baixo «Simplificación») non está marcado. → Tux Paint segue a escribir mensaxes estrañas na pantalla/nun ficheiro de texto ← Algunhas mensaxes son normais, mais se Tux Paint está a ser extremadamente detallado (como enumerar o nome de cada imaxe de selo de goma que atopa ao cargalas), entón probabelmente foi compilado coa saída de depuración activada. Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende o código fonte. Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga: #define DEBUG no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src». → Tux Paint está a usar opcións que non especifiquei. ← De xeito predeterminado, Tux Paint primeiro mira os ficheiros de configuración para ver as opcións. o Windows Under Windows, it first examines the system-wide configuration file, located here: C:\Program Files\TuxPaint\tuxpaint.cfg A continuación, examina o ficheiro de configuración persoal do usuario: C:\Users\nome de usuario\AppData\Roaming\TuxPaint\tuxpaint.cfg Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da liña de ordes. o macOS Under macOS, it first examines the system-wide configuration file, located here: /Library/Application Support/TuxPaint/tuxpaint.cfg A continuación, examina o ficheiro de configuración persoal do usuario: /Users/nome de usuario/Library/Application Support/TuxPaint/tuxpaint.cfg Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da liña de ordes. o Linux / Unix En Unix e Linux, primeiro examine o ficheiro de configuración de todo o sistema, que se atopa aquí: /etc/tuxpaint/tuxpaint.conf A continuación, examina o ficheiro de configuración persoal do usuario: /home/nome de usuario/.tuxpaintrc Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da liña de ordes. o Haiku Under Haiku, Tux Paint first examines the configuration file: /boot/home/config/settings/TuxPaint/tuxpaint.conf Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da liña de ordes. Isto significa que se estabelece algo nun ficheiro de configuración que non quere estabelecer, terá que cambiar o ficheiro de configuración (se pode) ou anular a opción na liña de ordes. For example, on Linux and Unix, if "/etc/tuxpaint/tuxpaint.conf" includes this option to disable sound... nosound=yes ...then you can reenable sound by either adding this option to your own "/home/nome de usuario/.tuxpaintrc" file: sound=yes ... ou usando este argumento da liña de ordes: --sound On platforms where Tux Paint offers a system-wide configuration file, the settings in that file may be skipped (so only the user configuration file and other command-line arguments will be used) by including the following command-line argument: --nosysconfig ------------------------------------------------------------------------------- ### Axuda / Contacto ### Hai algunha pregunta que non ve respondida? Agradecémoslle que nolo diga. Para elo, pode subscribirse e publicar na nosa lista de correo «tuxpaint-users»: https://tuxpaint.org/lists/ Ou ,póñase en contacto directamente co responsábel do desenvolvemento Bill Kendrick: bill@newbreedsoftware.com