Copyright © 2002-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
http://www.tuxpaint.org/
28 de Xuño de 2021
Está dispoñíbel unha ferramenta gráfica que lle permite cambiar o comportamento de Tux Paint. Non obstante, se prefire non instalar e usar esta ferramenta, ou quere comprender mellor as opcións dispoñíbeis, siga lendo.
Pode crear un ficheiro de configuración sinxelo para Tux Paint, que lerá cada vez que o inicie.
O ficheiro é simplemente un ficheiro de texto sinxelo que contén as opcións que quere activar habilitar:
Usuarios de Linux e Unix
O ficheiro que debe crear chámase «
.tuxpaintrc» e debería colocarse no seu directorio persoal. (tamén coñecido como «~/.tuxpaintrc» ou «$HOME/.tuxpaintrc»)Ficheiro de configuración de todo o sistema
Antes de ler este ficheiro, le un ficheiro de configuración en todo o sistema. (De xeito predeterminado, esta configuración non ten axustes activados.) Atópase en:
/etc/tuxpaint/tuxpaint.confPode desactivar a lectura deste ficheiro por completo, deixando os axustes como predeterminados (que poden ser substituídos polo seu ficheiro «
.tuxpaintrc» e/ou argumentos da liña de ordes) usando a opción da liña de ordes:--nosysconfigUsuarios de macOS
O ficheiro que debe crear chámase «
tuxpaint.cfg» e debería colocalo no seu cartafol persoal, baixo o subcartafol:Library/Application Support/TuxPaintFicheiro de configuración de todo o sistema
Antes de ler este ficheiro, le un ficheiro de configuración en todo o sistema. (De xeito predeterminado, esta configuración non ten axustes activados.) Atópase en:
/Library/Application Support/TuxPaint/tuxpaint.cfgUsuarios de Windows
O ficheiro que debe crear chámase «
tuxpaint.cfg» e debería colocarse no cartafol de Tux Paint.Pode usar NotePad ou WordPad para crear este ficheiro. Asegúrese de gardalo como texto simple e asegúrese de que o nome do ficheiro non teña «.txt» ao final...
Os seguintes axustes pódense estabelecer no ficheiro de configuración. (A configuración da liña de ordes substituirá estes. Vexa a sección «Opcións da liña de ordes», a continuación.)
fullscreen=yesExecutar o programa en modo de pantalla completa en vez de nunha xanela.
fullscreen=nativeExecutar o programa en modo de pantalla completa. Ademais, asume a resolución actual da pantalla (estabelecida polo sistema operativo).
windowsize=TAMAÑOExecutar o programa a un tamaño diferente (en modo xanela) ou a unha resolución de pantalla diferente (en modo de pantalla completa), en lugar do predeterminado (normalmente 800x600).
O valor TAMAÑO debería presentarse en píxeles, en formato «largo por alto», cun «x» (X minúsculo) entre os valores. O tamaño pode ser calquera que teña polo menos 640 de largo e polo menos 480 de alto.
Algúns exemplos:
- 640x480
- 1024x768
- 768x1024
- 1600x1200
orient=portraitCambia as opcións de largo/alto dadas a Tux Paint, útiles para xirar a xanela nas pantallas verticais, como unha tableta que está en orientación de tableta.
native=yesAo executar Tux Paint en modo de pantalla completa, isto asume a resolución actual da pantalla (anulando calquera opción «
windowsize»), segundo o estabelecido polo sistema operativo.buttonsize=TAMAÑOEstabeleza o tamaño dos píxeles dos botóns na interface de usuario de Tux Paint (substituíndo o predeterminado de «48»). Útil cando se usan pantallas de alta densidade ou dispositivos de entrada groseiros, como rastrexadores de ollos.
O valor TAMAÑO debería presentarse en píxeles e pode estar entre 24 e 192, inclusive. A maioría dos botóns son cadrados e isto afectará ao seu largo e alto.
Nota: Se o tamaño do botón escollido fai que os botóns sexan demasiado grandes para que aparezan todos os elementos da interface de usuario requiridos dentro do tamaño de xanela escollido por Tux Paint, empregarase o tamaño de botón máis grande posíbel. (Aparecerá unha nota en
stderr.)allowscreensaver=yesDe xeito predeterminado, Tux Paint impide que o protector de pantalla do seu sistema se inicie. Pode anular isto empregando a opción «
allowscreensaver». Nota: Isto require a versión 1.2.12 ou superior da biblioteca SDL. (Tamén pode facelo configurando a variábel de contorno «SDL_VIDEO_ALLOW_SCREENSAVER» do seu sistema en «1».)nosound=yesDesactivar os efectos de son. (Nota: Ao premer [Alt] + [S] non se poden volver activar os sons se se desactivaron usando esta opción).
nostereo=yesDesactivar a compatibilidade con panorama estéreo. (Útil para usuarios con discapacidade auditiva nun oído ou lugares onde se está a empregar un só altofalante ou auricular.)
noquit=yesDesactivar o botón «Saír» na pantalla e evitar saír de Tux Paint coa tecla [Escape].
Usar a combinación de teclado [Alt] + [F4] ou premer no botón de peche da xanela (asumindo que non está en modo de pantalla completa) segue a funcionar para saír de Tux Paint.
Tamén pode usar a seguinte combinación de teclado para saír: [Maiúsculas] + [Control] + [Escape].
noprint=yesDesactivar a función de impresión.
printdelay=SEGUNDOSRestrinxir a impresión para que só poida producirse unha vez cada SEGUNDOS segundos.
printcommand=ORDE(Só Linux e Unix)
Use a orde ORDE para imprimir un ficheiro en formato PostScript cando se preme no botón «Imprimir». Se esta opción non está especificamente definida, a orde predeterminada é:
lprNota: As versións de Tux Paint anteriores ao 0.9.15 enviaban datos en formato PNG á orde de impresión (de xeito predeterminado era «
pngtopnm | pnmtops | lpr»).Se estabeleceu unha alternativa
printcommandno ficheiro de configuración antes da versión 0.9.15, terá que cambiala.altprintcommand=ORDE(Só Linux e Unix)
Use a orde ORDE para imprimir un ficheiro en formato PostScript cando se preme no botón «Imprimir» mentres se mantén premida a tecla modificadora [Alt]. (Iso utilizase normalmente para fornecer un diálogo de impresión, semellante a cando se preme [Alt]+«Imprimir» en Windows e macOS.)
Se esta opción non está especificamente definida, a orde predeterminada é o diálogo gráfico de impresión de KDE:
kprinterprintcfg=yes(Só Windows e macOS)
Tux Paint empregará un ficheiro de configuración da impresora cando imprima. Prema a tecla [Alt] mentres fai clic no botón «Imprimir» en Tux Paint para que apareza unha xanela de diálogo de impresión de Windows.
(Nota: Isto só funciona cando non se está a executar Tux Paint en modo de pantalla completa.) Calquera cambio de configuración feito neste diálogo gardarase no ficheiro «
userdata/print.cfg» e volverase a usar, sempre que estea configurada a opción «printcfg».altprint=alwaysIsto fai que Tux Paint amose sempre o diálogo da impresora (ou, en Linux/Unix, execute a orde «altprint») cando se preme no botón «Imprimir». Noutras palabras, é como premer en «Imprimir» mentres mantén premido [Alt], agás que non precisa manter premida [Alt] cada vez.
altprint=neverIsto evita que Tux Paint nunca amose o diálogo da impresora (ou, en Linux/Unix, execute «altprintcommand») cando se preme no botón «Imprimir». Noutras palabras, fai que a tecla [Alt] non teña efecto ao premer no botón «Imprimir».
altprint=modEste é o comportamento normal e predeterminado. Tux Paint amosa un diálogo de impresora (ou, en Linux/Unix, executa a orde «altprint»), cando se preme a tecla [Alt] mentres se preme no botón «Imprimir». Premer en «Imprimir» sen manter premida [Alt] imprime sen amosar un diálogo.
papersize=TAMAÑO_DO_PAPEL(Plataformas que usan o xerador interno PostScript de Tux Paint; non Windows, macOS, BeOS ou Haiku).
Indica a Tux Paint que tamaño de PostScript debe xerar. Se non se especifica ningún, Tux Paint comproba primeiro a súa variábel de contorno
$PAPER, após o ficheiro/etc/papersizee após usa o tamaño de papel predeterminado da biblioteca «libpaper».Os tamaños de papel válidos inclúen: letter, legal, tabloid, executive, note, statement, a0, a1, a2, a3, a4, a5, a6, a7, a8, a9, a10, b0, b1, b2 b3, b4, 10x14, 11x17, halfletter, halfexecutive, halfnote, folio, quarto, ledger, archA, archB, archC, archD, archE, flsa, flse, csheet, dsheet, esheet.
nolockfile=yesDe xeito predeterminado, Tux Paint usa o que se coñece como «ficheiro de bloqueo» para evitar que se inicie máis dunha vez en 30 segundos. (Isto é para evitar executar accidentalmente varias copias; por exemplo, premendo dúas veces nun iniciador dun só clic ou simplemente premendo impacientemente na icona varias veces.)
Para facer que Tux Paint ignore o ficheiro de bloqueo, permitindo que se execute de novo, aínda que se lanzase hai menos de 30 segundos, active este axuste no ficheiro de configuración ou execute Tux Paint coa opción
--nolockfilena liña de ordes.De xeito predeterminado, o ficheiro de bloqueo almacénase en «
~/.tuxpaint/» en Linux e Unix e en «userdata\» en Windows.simpleshapes=yesDesactive o paso de rotación da ferramenta «Forma». Prema, arrastra e solte é todo o que se necesita para debuxar unha forma.
uppercase=yesTodo o texto renderizarase só con maiúscula (por exemplo, «Pincel» será «PINCEL»). Útil para os cativos que saben ler, pero que ata agora só aprenderon maiúsculas.
grab=yesTux Paint tentará «amarrar» o rato e o teclado, de xeito que o rato estea confinado na xanela de Tux Paint e case toda a entrada do teclado se lle pase directamente.
Isto é útil para desactivar as accións do sistema operativo que poidan sacar ao usuario de Tux Pain do ciclo de xanelast [Alt]-[Tab], [Ctrl]-[Escape], etc. Isto é especialmente útil no modo de pantalla completa.
noshortcuts=yesIsto desactiva os atallos de teclado (por exemplo,[Ctrl]-[S] para gardar, [Ctrl]-[N] para unha nova imaxe, etc.)
Isto é útil para evitar que ordes non desexadas sexan activadas por cativos que non teñen experiencia con teclados.
nowheelmouse=yesIsto desactiva a compatibilidade para a roda dos ratos que a teñen. (Normalmente, a roda desprazará o menú do selector á dereita.)
nobuttondistinction=yesAntes do Tux Paint 0.9.15, tamén se podían empregar os botóns medio e dereito do rato para premer. Na versión 0.9.15, cambiouse para que só funcionase o botón esquerdo do rato para non adestrar aos cativos a usar o botón incorrecto.
Porén, para os cativos que teñen problemas co rato, pódese desactivar esta distinción entre os dous ou tres botóns do rato (devolvendo Tux Paint ao seu antigo comportamento) usando esta opción.
nofancycursors=yesIsto desactiva as fantásticas formas do punteiro do rato en Tux Paint e usa o punteiro normal do seu contorno.
Nalgúns contornos, os cursores de fantasía causan problemas. Use esta opción para evitalos.
hidecursor=yesIsto agocha completamente as formas do punteiro do rato en Tux Paint.
Isto é útil para dispositivos con pantalla táctil, como as tabletas.
nooutlines=yesNeste modo, amósanse contornos e liñas «elásticas» moito máis sinxelas cando se usan as ferramentas Liñas, Formas, Selos e Goma.
Isto pode axudar cando Tux Paint se executa en computadores moi lentos ou se amosa nunha pantalla remota de X-Window.
sysfonts=yesEsta opción fai que Tux Paint tente cargar tipos de letra (para usalos na ferramenta Texto) dende o seu sistema operativo. Normalmente, Tux Paint só cargará os que foron incluídos con Tux Paint.
alllocalefonts=yesAntes da versión 0.9.21, Tux Paint cargaba todos os tipos de letra no seu propio directorio de tipos de letra, incluídos os específicos da configuración local (por exemplo, o tibetano, que non tiña caracteres latinos). A partir doa 0.9.21, o único tipo de letra cargado dende o subdirectorio específico da configuración local, se o hai, é o que coincide coa configuración local en que se está a executar Tux Paint.
Para cargar todos os tipos de letra específicos das configuracións locais (o comportamento antigo), configure esta opción.
nostamps=yesEsta opción dille a Tux Paint que non cargue ningunha imaxe de selo de caucho, o que á súa vez acaba desactivando a ferramenta Selos.
Isto pode acelerar Tux Paint cando se carga por primeira vez e reducir o uso de memoria mentres se está a executar. Por suposto, ningún selo estará dispoñíbel.
nostampcontrols=yesAlgunhas imaxes da ferramenta Selos pódense reflectir, inverter e/ou cambiar o seu tamaño. Esta opción desactiva os controis e só fornece os selos básicos.
nomagiccontrols=yesAlgunhas ferramentas de Maxia teñen a opción de actuar coma un pincel ou afectar todo o lenzo á vez. Esta opción desactiva os controis e só fornece a funcionalidade predeterminada (normalmente en modo pintura).
noshapecontrols=yesDesactivar os botóns de control que se amosan cando se usa a ferramenta Formas que permiten cambiar como se debuxan as formas: centradas arredor do clic inicial do rato ou cun canto co clic inicial do rato.
nolabel=yesDesactiva a ferramenta Etiqueta: a ferramenta que permite a entrada de texto que se pode editar máis tarde.
newcolorslast=yesColoca as opcións de cor en branco no diálogo Novo ao final, de xeito que se amosen primeiro os iniciadores e/ou modelos.
mirrorstamps=yesPara os selos que se poden reflectir, esta opción estabeléceos de xeito predeterminado na súa forma reflectida.
Isto pode ser útil para as persoas que prefiren as cousas de dereita a esquerda no canto de de esquerda a dereita.
mouse-accessibility=yesNeste modo, no canto de premer, arrastrar e soltar (por exemplo, para debuxar), premese, móvese e premese de novo para rematar o movemento.
onscreen-keyboard=yesPresenta un teclado en pantalla sobre que se pode premer cando empregan as ferramentas Texto e Etiqueta.
onscreen-keyboard-layout=NOME DA DISPOSICIÓNSelecciona o deseño inicial para o teclado en pantalla cando usa as ferramentas Texto e Etiqueta.
Nota: Usar esta opción implica onscreen-keyboard=yes automaticamente, polo que configurar ambas as cousas é redundante .onscreen-keyboard-disable-change=yesDesactiva a posibilidade de cambiar o deseño do teclado en pantalla cando se usan as ferramentas Texto e Etiqueta, útil para simplificar as cousas para os máis pequechos.
Nota: Usar esta opción implica automaticamente onscreen-keyboard=yes, polo que estabelecer ambas as cousas é redundante.joystick-dev=NEspecifica que dispositivo de mando debe ser usado por Tux Paint. O valor predeterminado é 0 (a primeira panca de mando — joystick).
joystick-slowness=VELOCIDADEEstabelece un atraso en cada movemento do eixo, permitindo atrasar a panca de mando (joystick). Os valores permitidos van de 0 a 500. O valor predeterminado é 15.
joystick-threshold=LIMIAREstabelece o nivel mínimo de movemento do eixe para comezar a mover o punteiro. Os valores permitidos son de 0 a 32766. O valor predeterminado é 3200.
joystick-maxsteps=PASOSDefine os píxeles máximos que moverá o punteiro á vez. Os valores permitidos van do 1 ao 7. O valor predeterminado é 7.
joystick-hat-timeout=MILISEGUNDOSEstabelece o atraso após de que o punteiro comezará a moverse automaticamente se se mantén premido o sombreiro. Os valores permitidos van de 0 a 3000. O valor predeterminado é 1000.
joystick-hat-slowness=VELOCIDADEEstabelece un atraso en cada movemento automático, o que permite diminuír a velocidade do sombreiro. Os valores permitidos van de 0 a 500. O valor predeterminado é 15.
joystick-btn-escape=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón da panca de control (joystick), tal e como o ve SDL, que se usará para xerar un evento de escape. Útil para desactivar os diálogos e saír.
joystick-btn-brush=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de pinceis.
joystick-btn-stamp=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de selos.
joystick-btn-lines=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de liñas.
joystick-btn-shapes=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de formas.
joystick-btn-text=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de texto.
joystick-btn-label=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de etiquetas.
joystick-btn-magic=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a seleccionar a ferramenta de máxia.
joystick-btn-undo=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a invocar a ferramenta de desfacer.
joystick-btn-redo=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón da panca de mando (joystick), tal e como o ve SDL, que será un atallo para seleccionar ferramenta de refacer.
joystick-btn-eraser=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón da panca de mando (joystick), tal e como o ve SDL, que será un atallo para seleccionar ferramenta de goma de borrar.
joystick-btn-new=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón da panca de mando (joystick), como o ve SDL, que será un atallo para iniciar o diálogo para crear un novo debuxo.
joystick-btn-open=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón da panca de mando (joystick), como o ve SDL, que será un atallo para iniciar o diálogo para abrir un debuxo existente.
joystick-btn-save=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a garda o debuxo.
joystick-btn-pgsetup=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a inicia o diálogo de configuración da páxina para imprimir.
joystick-btn-print=NÚMERO DE BOTÓNSelecciona o número do botón do joystick, como o ve SDL, que será un atallo a imprimir.
joystick-buttons-ignore=BOTÓN1,BOTÓN2,...Un conxunto de números de botóns do mando (joystick), como se ve en SDL, que deben ignorarse. Se non, a menos que sexan utilizados por unha das opcións «
joystick-btn-» anteriores, os botóns veranse como un botón esquerdo do rato.stampsize=TAMAÑOUse esta opción para forzar a Tux Paint a estabelecer o tamaño inicial de todos os selos. O valor
TAMAÑOdebería estar entre 0 (máis pequeno) e 10 (máis grande). O tamaño é relativo aos tamaños dispoñíbeis do selo, que depende do selo en si, e do tamaño actual do lenzo de Tux Paint.Especifique «
default» para que Tux Paint decida (o seu comportamento estándar).keyboard=yesIsto permite empregar as teclas de frecha do teclado para controlar o punteiro do rato. (por exemplo, para contornos sen rato ou persoas con discapacidade ou problemas de accesibilidade)
Funcionalidades:
- Movemento fino dentro do lenzo ou movemento groseiro se se mantén premida
Shift.- Movemento groseiro dentro das áreas dos botóns da ferramenta.
- Principais controis:
- [Left]/[Right]/[Up]/[Down], teclado numérico [1] ata [9]: mover o rato
- [Space]/[5]: premer co rato (agás cando se empregan as ferramentas de «Texto» ou de «Etiqueta»)
- [Insert]/[F5]: premer co rato (sempre)
- [F4] fai saltar o rato entre as «Ferramentas», «Cores» e as áreas do lenzo
- Se o rato está dentro da sección «Ferramentas» á esquerda ou na sección «Cores» na parte inferior:
- [F7]/[F8]: mover cara abaixo/arriba entre os botóns, respectivamente (só sección de ferramentas)
- [F11]/[F12]: mover ao botón anterior/seguinte, respectivamente
- Para premer e arrastrar, manteña premida unha das teclas de «clic» (p. ex.: [Insert]) e use as teclas de movemento (p. ex.: [Left]).
- Nota: a función de «accesibilidade do rato» funciona cos controis do rato do teclado. Con ambas as opcións activadas, as ferramentas de pintura pódense empregar para debuxar premendo unha tecla «clic» para comezar a premer, as teclas de movemento para moverse (que debuxará) e outra tecla «clic» para deixar de premer (deixar de debuxar).
- Aínda se pode usar un rato e/ou unha panca de mando (joystick) normais (para que poida, por exemplo, moverse co rato e premer co teclado ou viceversa)
savedir=DIRECTORIOUse esta opción para cambiar onde se atopa o directorio/cartafol «
saved» de Tux Paint, que é onde Tux Paint garda e abre imaxes.Se non o anula, a ubicación predeterminada é:
- Linux e Unix: baixo un directorio agochado chamado «
.tuxpaint» no seu directorio persoal (tamén coñecido como «~» ou «$HOME»)
Exemplo:/home/username/.tuxpaint/saved/- Windows: Dentro un cartafol chamado «
TuxPaint» no seu cartafol «Application Data».
Exemplo:C:\Documents and Settings\Username\Application Data\TuxPaint\saved\
- macOS: Dentro un cartafol chamado «
TuxPaint» no seu cartafol «Application Support».
Exemplo:/Users/Username/Library/Application Support/TuxPaint/saved/Nota: Ao especificar unha unidade de Windows (por exemplo, «
H:\»), tamén debe especificar un subdirectorio.Nota: Antes da versión 0.9.18, Tux Paint tamén usaba a configuración ou o valor predeterminado para «
savedir» como o lugar onde buscar ficheiros de datos persoais (pinceis, selos, imaxes de comezo e tipos de letra) . A partir da versión 0.9.18, pódense especificar por separado (consulte a opción «datadir», a continuación).Exemplo:
savedir=Z:\tuxpaint\exportdir=DIRECTORIOUse esta opción para cambiar onde Tux Paint exporta ficheiros —imaxes individuais ou diaporamasositivas GIF animadas— uso externo.
Se non o anula, a ubicación predeterminada é:
- Linux e Unix: se está dispoñíbel, onde queira que o seu contorno de escritorio estea configurado para que se almacenen imaxes, en función da configuración XDG (X Desktop Group). (Probe a executar a liña de ordes «
xdg-user-dir PICTURES» para descubrilo.)
Normalmente (na configuración local inglesa), este será un subdirectorio «Imaxes» no seu directorio persoal (é dicir, «$HOME/Imaxes» tamén coñecido como «~/Imaxes»).
Tux Paint volverá usar ese directorio habitual, se non se pode ler a configuración XDG, ou non se estabelece nada «XDG_PICTURES_DIR».- Windows: Directorio «As miñas imaxes» para cada usuario (normalmente «c:\Users\NOME_DE_USUARIO\Pictures»).
Pode abrir directamente o cartafol do seguinte xeito:
- Prema a tecla «[Windows]+[R]» para abrir o diálogo «Executar...».
- Escriba «Shell: As miñas imaxes« na caixa de texto e prema en [Aceptar.]
- macOS — TBD!
Nota: Cando se empregan os valores predeterminados, crearase e usarase un novo subdirectorio «
TuxPaint». (p. ex.: «~/Imaxes/TuxPaint») Cando se usa a opción «--exportdir», empregarase a ruta exacta especificada (non se crea ningún subdirectorio «TuxPaint»).O directorio en si (p. ex.: «
~/Imaxes/TuxPaint») crearase, se non existe.Se o directorio pai (por exemplo, «
~/Imaxes/TuxPaint») tampouco existe, Tux Paint tentará crealo tamén (pero non ningún directorio superior a ese).Exemplo:
exportdir=/home/penguin/TuxPaintExportsdatadir=DIRECTORIOUse esta opción para cambiar onde Tux Paint busca ficheiros de datos persoais (pinceis, selos, imaxes de comezo, modelos e tipos de letra específicos do usuario actual).
Tux Paint buscará subdirectorios/subcartafoles chamados «
brushes», «stamps», «starters», «templates», «fonts» no directorio de datos especificado.Se non o anula, a ubicación predeterminada é:
- Linux e Unix: baixo un directorio agochado chamado «
.tuxpaint» no seu directorio persoal (tamén coñecido como «~» ou «$HOME»)
Exemplo:/home/username/.tuxpaint/brushes/- Windows: Dentro un cartafol chamado «
TuxPaint» no seu cartafol «Application Data».
Exemplo:C:\Documents and Settings\Username\Application Data\TuxPaint\brushes\- macOS: Dentro un cartafol chamado «
TuxPaint» no seu cartafol «Application Support».
Exemplo:/Users/Username/Library/Application Support/TuxPaint/brushes/Nota: Antes da versión 0.9.18, Tux Paint usaba o mesmo axuste ou predeterminado que para «
savedir» para buscar ficheiros de datos. A partir da versión 0.9.18, pódense especificar por separado.Nota: Ao especificar unha unidade de Windows (por exemplo, «
H:\»), tamén debe especificar un subdirectorio.Exemplo:
datadir=/home/johnny/tuxpaint-data/saveover=yesIsto desactiva a pregunta «Gardar sobre a versión antiga...?» ao gardar un ficheiro existente. Con esta opción, a versión anterior sempre será substituída pola nova versión automaticamente.
saveover=newIsto tamén desactiva a pregunta «Gardar sobre a versión antiga...?» cando garda un ficheiro existente. Non obstante, esta opción sempre gardará un novo ficheiro no canto de sobrescribir a versión anterior.
saveover=ask(Esta opción é redundante, xa que esta é a opción predeterminada.) Ao gardar un debuxo existente, primeiro preguntaráselle se quere gardar sobre a versión anterior ou non.
nosave=yesIsto desactiva a capacidade de Tux Paint para gardar ficheiros (e, polo tanto, desactiva o botón «Gardar» na pantalla). Pode usarse en situacións nas que o programa só se usa para divertirse ou nun contorno de proba.
autosave=yesIsto impide a Tux Paint preguntar se quere gardar a imaxe actual ao saír e supón que si.
startblank=yesIsto fai que Tux Paint amose un lenzo en branco cando se inicia por vez primeira, no canto de cargar a última imaxe que se estaba a editar.
colorfile=NOME_DE_FICHEIROPode anular a paleta de cores predeterminada de Tux Paint creando un ficheiro de texto ASCII simple que describa as cores que quere e apuntando a ese ficheiro usando a opción «
colorfile».O ficheiro debería incluír unha cor por liña. As cores defínense en función dos seus valores vermello, verde e azul, cada un de 0 (apagado) a 255 (máis brillante). (Para obter máis información, vexa o artigo «Modelo de cor RGB (en inglés) de Wikipedia).
As cores pódense enumerar usando tres números decimais (por exemplo, «
255 68 136») ou un «triplete» hexadecimal de 6 ou 3 díxitos de longo (por exemplo, «#ff4488» ou «#F48»).Após a definición da cor (na mesma liña) pode introducir texto para describir a cor. Tux amosará este texto cando se prema na cor. (Por exemplo, «
#FFF Branco coma a neve.»)Como exemplo, pode ver as cores predeterminadas empregadas actualmente en Tux Paint en: «
default_colors.txt».NOTAS: Debe separar os valores decimais con espazos e comezar os valores hexadecimais cun carácter de libra/signo de númeral («
#»). En hexadecimais de 3 díxitos, cada díxito úsase tanto para a metade alta como para a baixa do byte, polo que «#FFF» é o mesmo que «#FFFFFF» e non que «#F0F0F0».colorsrows=FILASCantas filas de botóns da paleta de cores amosar; útil cando se usa unha gran paleta de cores (ver «
colorfile», arriba) e/ou para usar con dispositivos de entrada groseiros (como os rastrexadores de ollos). «FILAS» pode estar entre «1» (o predeterminado) e «3».lang=IDIOMAExecuta Tux Paint nun dos idiomas compatíbeis. A opción posíbel para IDIOMA inclúe actualmente:
englishamerican-englishacholiacoliafrikaansakantwi-fantealbanianamharicarabicaragonesarmenianhayerenassameseasturianaustralian-englishazerbaijanibambarabasqueeuskarabelarusianbielaruskajabengalibodobokmalbosnianbrazilian-portugueseportugues-brazilianbrazilianbretonbrezhonegbritish-englishbritishbulgariancanadian-englishcatalancatalachinesesimplified-chinesecroatianhrvatskiczechceskydanishdanskdogridutchnederlandsesperantoestonianfaroesefinnishsuomifrenchfrancaisfulafulahpulaar-fulfuldegaelicgaidhligirish-gaelicgaliciangalegogeorgiangermandeutschgreekgroningszudelk-veenkelonioalsgujaratihebrewhindihungarianmagyaricelandicislenskaindonesianbahasa-indonesiainuktitutitalianitalianojapanesekabylekabyliankannadakashmiri-devanagarikashmiri-perso-arabickhmerkigachigakinyarwandaklingontlhIngankonkani-devanagarikonkani-romankoreankurdishlatvianlithuanianlietuviulugandaluxembourgishletzebuergeschmacedonianmaithilimalaymalayalammanipuri-bengalimanipuri-meitei-mayekmarathimexican-spanishespanol-mejicanomexicanmongolianndebelenepalinorthern-sothosesotho-sa-leboanorwegiannynorsknorskoccitanodiaoriyaojibweojibwaypersianpolishpolskiportugueseportuguespunjabipanjabiromanianrussianrusskiysanskritsantali-devanagarisantali-ol-chikiscottishghaidhligscottish-gaelicserbianserbian-latinshuswapsecwepemctinsindhi-devanagarisindhi-perso-arabicslovakslovenianslovenskosonghaysouthafrican-englishspanishespanolsundaneseswahiliswedishsvenskatagalogtamilteluguthaitibetantraditional-chineseturkishtwiukrainianurduvendavenetianvenetovietnamesewalloonwalonwelshcymraegwolofxhosamiahuatlan-zapoteczapoteczuluzulu
(Para usuarios de Linux e Unix)
Se algunha das opcións anteriores está estabelecida en «
/etc/tuxpaint/tuxpaint.config», pode anulala no seu propio ficheiro «~/.tuxpaintrc».Para opcións verdadeiro/falso, como «
noprint» e «grab», pode simplemente dicir que son iguais a «no» no seu ficheiro «~/.tuxpaintrc»:noprint=no
uppercase=noOu pode usar opcións semellantes ás opcións de anulación da liña de ordes que se describen a continuación. Por exemplo:
print=yes
mixedcase=yes
As opcións tamén se poden indicar na liña de ordes cando se inicia Tux Paint.
--fullscreen
--LARGOxALTO
--orient=portrait
--native
--allowscreensaver
--startblank
--nosound
--nostereo
--noquit
--noprint
--printdelay=SEGUNDOS
--printcfg
--altprintnever
--altprintalways
--papersize=TAMAÑO_DO_PAPEL
--nolockfile
--simpleshapes
--uppercase
--grab
--noshortcuts
--nowheelmouse
--nobuttondistinction
--nofancycursors
--hidecursor
--nooutlines
--nostamps
--nostampcontrols
--nomagiccontrols
--noshapecontrols
--nolabel
--newcolorslast
--mouse-accessibility
--onscreen-keyboard
--onscreen-keyboard-layout
--onscreen-keyboard-disable-change
--joystick-dev
--joystick-slowness
--joystick-threshold
--joystick-maxsteps
--joystick-hat-slowness
--joystick-hat-timeout
--joystick-btn-escape
--joystick-btn-brush
--joystick-btn-stamp
--joystick-btn-lines
--joystick-btn-shapes
--joystick-btn-text
--joystick-btn-label
--joystick-btn-magic
--joystick-btn-undo
--joystick-btn-redo
--joystick-btn-eraser
--joystick-btn-new
--joystick-btn-open
--joystick-btn-save
--joystick-btn-pgsetup
--joystick-btn-print
--joystick-buttons-ignore
--sysfonts
--alllocalefonts
--mirrorstamps
--stampsize=TAMAÑO
--keyboard
--savedir DIRECTORIO
--datadir DIRECTORIO
--exportdir DIRECTORIO
--saveover
--saveovernew
--nosave
--autosave
--lang IDIOMA
--colorfile FICHEIROEstas activan ou corresponden ás opcións do ficheiro de configuración descritas anteriormente.
--windowed
--800x600
--orient=landscape
--disablescreensaver
--startlast
--sound
--stereo
--quit
--printdelay=0
--noprintcfg
--altprintmod
--lockfile
--complexshapes
--mixedcase
--dontgrab
--shortcuts
--wheelmouse
--buttondistinction
--fancycursors
--showcursor
--outlines
--stamps
--stampcontrols
--magiccontrols
--shapecontrols
--label
--newcolorsfirst
--nosysfonts
--currentlocalefont
--dontmirrorstamps
--stampsize=default
--mouse
--saveoverask
--save
--noautosaveEstas opcións pódense usar para anular calquera axuste feito no ficheiro de configuración. (Se a opción non está configurada no(s) ficheiro(s) de configuración, non será necesaria ningunha opción de anulación.)
--locale IDIOMAExecute Tux Paint nun dos idiomas compatíbeis. Vexa a sección «Escoller un idioma diferente» a continuación para ver as cadeas de configuración local (por exemplo, «
de_DE» para o alemán) que debe usar.(Se a súa configuración local xa está configurada, por exemplo, coa variábel de contorno «
$LANG», esta opción non é necesaria, xa que Tux Paint respecta a configuración do seu contorno, se é posíbel).--nosysconfigEn Linux e Unix, isto evita ler o ficheiro de configuración de todo o sistema, «
/etc/tuxpaint/tuxpaint.conf».Só se empregará o seu propio ficheiro de configuración, «
~/.tuxpaintrc», se existe.
Opcións informativas da liña de ordes
As seguintes opcións amosan un texto informativo na pantalla. Non obstante, Tux Paint non se inicia nin se executa despois.
--version
--verbose-versionAmosa o número de versión e a data da copia de Tux Paint que está a executar. O «--verbose-version» tamén lista as opcións de tempo de compilación definidas. (Vexa INSTALL [INSTALAR] e FAQ [Preguntas frecuentes] ).
--copyingAmosa información breve sobre a licenza para copiar Tux Paint.
--usageAmosa a lista de opcións de liña de ordes dispoñíbeis.
--helpAmosa unha breve axuda sobre o uso de Tux Paint.
--lang helpAmosa unha lista de idiomas dispoñíbeis en Tux Paint.
--joystick-dev listAmosa a lista de pancas de mando (joysticks) conectados dispoñíbeis para Tux Paint.
Tux Paint foi traducido a varios idiomas. Para acceder ás traducións, pode usar a opción «
--lang» na liña de ordes para estabelecer o idioma (por exemplo, «--lang spanish») ou usar o axuste «lang=» no ficheiro de configuración (p. ex.: «lang=spanish»).Tux Paint tamén respecta o contorno local actual. (Pode anulalo na liña de ordes usando a opción «
--locale»; vexa consulta arriba).Use a opción «
--lang help» para listar as opcións de idioma dispoñíbeis.Idiomas dispoñíbeis
Código do idioma Idioma
(nome nativo)Idioma
(nome en inglés)Combinación de teclas de ciclo de método de entrada CEnglish ach_UGAcoli Acholi af_ZAAfrikaans ak_GHAkan am_ETAmharic an_ESAragones ar_SAArabic as_INAssamese ast_ESAsturian az_AZAzerbaijani bm_MLBambara bn_INBengali be_BYBielaruskaja Belarusian bg_BGBulgarian bo_CN(*)Tibetan br_FRBrezhoneg Breton brx_INBodo bs_BABosnian ca_ESCatalà Catalan ca_ES@valenciaValencia Valencian cgg_UGChiga Kiga cs_CZCesky Czech cy_GBCymraeg Welsh da_DKDansk Danish de_DEDeutsch German doi_INDogri et_EEEstonian el_GR(*)Greek en_AUAustralian English en_CACanadian English en_GBBritish English en_ZASouth African English eoEsperanto es_ESEspañol Spanish es_MXEspañol-Mejicano Mexican Spanish eu_ESEuskara Basque fa_IRPersian ff_SNFulah Fula fi_FISuomi Finnish fo_FOFaroese fr_FRFrançais French ga_IEGàidhlig Irish Gaelic gd_GBGhaidhlig Scottish Gaelic gl_ESGalego Galician gos_NLZudelk Veenkelonioals Gronings gu_INGujarati he_IL(*)Hebrew hi_IN(*)Hindi hr_HRHrvatski Croatian hu_HUMagyar Hungarian hy_AMHayeren Armenian id_IDBahasa Indonesia Indonesian is_ISÍslenska Icelandic it_ITItaliano Italian iu_CAInuktitut ja_JP(*)Japanese right [Alt] ka_GEGeorgian kabKabyle km_KHKhmer kn_INKannada ko_KR(*)Korean right [Alt] or left [Alt] kok_INKonkani (Devanagari) kok@romanKonkani (Roman) ks_IN@devanagariKashmiri (Devanagari) ks_INKashmiri (Perso-Arabic) ku_TRKurdish lb_LULetzebuergesch Luxembourgish lg_UGLuganda lt_LTLietuviu Lithuanian lv_LVLatvian mk_MKMacedonian mai_INMaithili ml_INMalayalam mn_MNMongolian mni_INManipuri (Bengali) mni@meiteimayekManipuri (Meitei Mayek) mr_INMarathi ms_MYMalay nb_NONorsk (bokmål) Norwegian Bokmål ne_NPNepali nl_NLDutch nn_NONorsk (nynorsk) Norwegian Nynorsk nr_ZANdebele nso_ZASesotho sa Leboa Northern Sotho oc_FROccitan oj_CAOjibwe Ojibway pa_INPunjabi or_INOdia Oriya pl_PLPolski Polish pt_BRPortugês Brazileiro Brazilian Portuguese pt_PTPortugês Portuguese ro_RORomanian ru_RURusskiy Russian rw_RWKinyarwanda sa_INSanskrit sat_INSantali (Devanagari) sat@olchikiSantali (Ol-Chikii) shs_CASecwepemctin Shuswap si_LKSinhala sd_IN@devanagariSindhi (Devanagari) sd_INSindhi sk_SKSlovak sl_SISlovenian sonSonghay sq_ALAlbanian sr_YUSerbian (cyrillic) sr_RS@latinSerbian (latin) su_IDSundanese sv_SESvenska Swedish sw_TZSwahili ta_IN(*)Tamil te_IN(*)Telugu th_TH(*)Thai tl_PH(*)Tagalog tlhtlhIngan Klingon tr_TRTurkish tw_GHTwi uk_UAUkrainian ur_INUrdu ve_ZAVenda vecVenèto Venetian vi_VNVietnamese wa_BEWalloon wo_SNWolof xh_ZAXhosa zh_CN(*)Chinese (Simplified) zh_TW(*)Chinese (Traditional) zamZapotec (Miahuatlan) zu_ZAZulu (*) - Estes idiomas requiren os seus propios tipos de letra, xa que non se representan usando un conxunto de caracteres latinos, como os demais. Vexa a sección «Tipos de letra especiais», a continuación.
Nota: Tux Paint fornece un método de entrada alternativo para introducir caracteres coa ferramenta Texto nalgunhas configuracións locais. A(s) combinación(s) de teclas indicada(s) pode usarse para percorrer os métodos de entrada admitidos mentres a ferramenta Texto está activa.
Axustar o idioma do seu contorno
Cambiar a súa configuración local afectará a gran parte do seu contorno.
Como se indicou anteriormente, ademais de permitirche escoller o idioma en tempo de execución empregando opcións de liña de ordes («
--lang» e «--locale»), Tux Paint respecta o axuste da configuración local do seu contorno.Se aínda non estabeleceu a configuración local do seu contorno, o seguinte explicará brevemente como:
Usuarios de Linux/Unix
Primeiro, asegúrese de que a configuración local que quere usar está activada editando o ficheiro «
/etc/locale.gen» no seu sistema e logo executando o programa «locale-gen» como superusuario «root».Nota: os usuarios de Debian poden executar a orde «
dpkg-reconfigure locales» como superusuario (root) para abrir un diálogo de configuración. Os usuarios de Ubuntu poden executar «sudo dpkg-reconfigure localeconf» (é posíbel que teña que instalar antes o paquete «localeconf») ou pode que teña que editar primeiro o ficheiro «/var/lib/locales/supported.d/local» e engadir as configuracións locais que queiran, da lista que se atopa en «/usr/share/i18n/SUPPORTED».Após, antes de executar Tux Paint, configure a súa variábel de contorno «
$LANG» a unha das configuracións locais mencionadas anteriormente. (Se quere que todos os programas que se poidan traducir o sexan, pode que queira colocar o seguinte no seu script de inicio de sesión; por exemplo, «~/.profile», «~/.bashrc», «~/.cshrc», etc.)Por exemplo, nunha consola Bourne (como BASH):
export LANG=es_ES ; \
tuxpaintE nunha consola C (como TCSH):
setenv LANG es_ES ; \
tuxpaint
Usuarios de Windows
Tux Paint recoñecerá a configuración local actual e empregará de xeito predeterminado os ficheiros apropiados. Polo tanto, esta sección é só para persoas que proban idiomas diferentes.
O máis sinxelo é empregar o interruptor «
--lang» no atallo (ver «INSTALL [INSTALAR]»). Non obstante, usando unha xanela de indicador do sistema de MSDOS, tamén é posíbel emitir unha orde coma esta:set LANG=es_ES...que estabelecerá o idioma para toda a vida desa xanela DOS.
Para obter algo máis permanente, pode estabelecer unha «variábel de contorno» usando o diálogo «Propiedades do sistema» do seguinte xeito:
- Prema a combinación de teclas «[Windows]+[R]» para abrir o diálogo «Executar...».
- Escriba «
sysdm.cpl» na caixa de texto e prema no botón «[OK]» para abrir o diálogo «Propiedades do sistema».- Seleccione a lapela «Avanzado».
- Prema no botón «Variábeis de contorno...».
- Edite o valor do parámetr «
LANG») (créeo, se non existe).Tipos de letra especiais
Algúns idiomas requiren que se instalen tipos de letra especiais. Estes ficheiros de letra (que están en formato TrueType (TTF)), son demasiado grandes para incluílos coa descarga de Tux Paint e están dispoñíbeis por separado. (Vexa a táboa anterior, na sección «Escoller un idioma diferente»).
Nota: A partir da versión 0.9.18, Tux Paint usa a biblioteca «SDL_Pango», que utiliza a biblioteca «Pango» para renderizar texto na interface de usuario, no canto de usar directamente «SDL_ttf». A non ser que a súa copia de Tux Paint se construíse sen compatibilidade con Pango, os tipos de letra especiais xa non deberían ser necesarios .
Cando se executa Tux Paint nun idioma que require o seu propio tipo de letra, Tux Paint tentará cargar o ficheiro de letra dende o directorio «
fonts» do sistema (nun subdirectorio «locale»). O nome do ficheiro corresponde ás dúas primeiras letras do código «local» do idioma (por exemplo, «ko» para coreano, «ja» para xaponés, «zh_tw» para chinés tradicional).Por exemplo, en Linux ou Unix, cando Tux Paint se executa en coreano (é dicir, coa opción «
--lang korean»), Tux Paint tentará cargar o seguinte ficheiro de tipo de letra:
/usr/share/tuxpaint/fonts/locale/ko.ttfPode descargar os tipos de letra para os idiomas compatíbeis dende o sitio web de Tux Paint, http://www.tuxpaint.org/.. (Mire na sección «Tipos de letra» en «Descargas»).
En Unix e Linux, pode usar o
Makefileque vén co tipo de letra para instalalo no lugar adecuado.